Se Concepción tivera 23 anos tinxiría o pelo de loiro e pintaría as unllas con sangue vermello. Tería 4 mozos, ou 5, aínda que sempre andaría pensando naquel dos ollos azuis (o que se parece a Paul Newman). E rompería os zapatos de tacón alto porque non perdería un baile.
Pero como ten 74; ten cancro.
19 de des. 2007
14 de des. 2007
Mañás de filmes e existencialismo
O perigo de internet é atopar, ao googlear o nome daquel que che fala de nihilismo os venres, que foi o crack dun equipo de fútbol aficionado do Raval.
Alí o está. Brazos cruzados e medio sorriso.
Mais a aureola que creaches ao seu redor é tan grande que non podes deixar de consideralo un feito encantador.
Alí o está. Brazos cruzados e medio sorriso.
Mais a aureola que creaches ao seu redor é tan grande que non podes deixar de consideralo un feito encantador.
5 de des. 2007
3 de des. 2007
PeRsOnA
O xogo de guionista nin che durou 60 días. En pouco máis de 45 morreuche a inocencia nas mans. Non vas ser nin estar nos próximos 14 e dende fai 4 sentes cada bombeo ao exalar: 1, 2, 3, 4, 5...
A coherencia inventouna o cine.
E o chan treme con fuira; porque está vivo.
A coherencia inventouna o cine.
E o chan treme con fuira; porque está vivo.
Subscriure's a:
Missatges (Atom)